Os colleiteiros son os adegueiros que elaboran só a súa propia uva. Controlan o proceso de principio a fin para alumear auténticos viños de autor, e agora imos ao val de Monterrei para coñecer o segredo do mellor branco de colleiteiro deste ano. Nestas viñas de Vilaza, ao pé do castelo de Monterrei, comezou a andaina da adega Vía Arxéntea hai case dez anos. Saíron ao mercado coa colleita de 2007, unhas 5.000 botellas saídas de tres parcelas coma esta. Daquela xuntaran 12.000 metros cadrados de viña que previamente houbo que reestruturar e reconverter ás castes autóctonas de calidade. Despois de pasar anos traballando para outros no sector, Manuel deu o salto á elaboración dun viño propio. Foille ben, e hoxe xunta catro hectáreas repartidas case a partes iguais entre o godello e a treixadura. Aténdeas persoalmente, co único obxectivo de sacar a máxima calidade. Agora ao inicio do pintor, cando xa pode estimar a produción da próxima colleita, fai un aclareo de acios para deixar só a carga que poida alimentar a viña. Repasa a plantación cepa por cepa, e cre que é esta atención o seu único segredo. Con esta materia prima elaborou o mellor viño branco de colleiteiro deste ano, segundo os resultados da cata dos viños de Galicia. Os coidados na adega céntranse sobre todo en que a treixadura e o godello transmitan ao viño a súa máxima expresión aromática. Manuel Guerra. Este ano saíron ao mercado 18.000 botellas deste viño de autor, que xa se vende en Holanda ou nos Estados Unidos. Agora queren chegar ás 25.000 botellas, ampliar un pouco a produción da adega sen perder a personalidade que a caracteriza. Fuente: TVG
Os colleiteiros son os adegueiros que elaboran só a súa propia uva. Controlan o proceso de principio a fin para alumear auténticos viños de autor, e agora imos ao val de Monterrei para coñecer o segredo do mellor branco de colleiteiro deste ano.
Nestas viñas de Vilaza, ao pé do castelo de Monterrei, comezou a andaina da adega Vía Arxéntea hai case dez anos. Saíron ao mercado coa colleita de 2007, unhas 5.000 botellas saídas de tres parcelas coma esta. Daquela xuntaran 12.000 metros cadrados de viña que previamente houbo que reestruturar e reconverter ás castes autóctonas de calidade.
Despois de pasar anos traballando para outros no sector, Manuel deu o salto á elaboración dun viño propio. Foille ben, e hoxe xunta catro hectáreas repartidas case a partes iguais entre o godello e a treixadura. Aténdeas persoalmente, co único obxectivo de sacar a máxima calidade. Agora ao inicio do pintor, cando xa pode estimar a produción da próxima colleita, fai un aclareo de acios para deixar só a carga que poida alimentar a viña. Repasa a plantación cepa por cepa, e cre que é esta atención o seu único segredo.
Con esta materia prima elaborou o mellor viño branco de colleiteiro deste ano, segundo os resultados da cata dos viños de Galicia. Os coidados na adega céntranse sobre todo en que a treixadura e o godello transmitan ao viño a súa máxima expresión aromática. Manuel Guerra.
Este ano saíron ao mercado 18.000 botellas deste viño de autor, que xa se vende en Holanda ou nos Estados Unidos. Agora queren chegar ás 25.000 botellas, ampliar un pouco a produción da adega sen perder a personalidade que a caracteriza.
Fuente: TVG
Bodega de tradición familiar con una extensión de 3,5 hectáreas de viñedo. Alcanza una producción anual de 10.000 litros y sus varietales son la uva Treixadura y Godello.
Dirección:Vilaza, Calle Progreso 61. Monterrei (ourense) CP: 32618 Teléfono: (+34) 687409618 E-mail: viaarxentea@viaarxentea.com